O Estado elaborará en 2022 o estudo para a variante oeste de Caldas
Por Redacción
A ansiada variante oeste de Caldas, pensada para aliviar de tráfico as dúas estradas nacionais que atravesan a vila, recibirá en 2022 un bo impulso. O Estado comprometeuse a elaborar o estudo para abordar a construción deste desvío pola N-550.
Así llo avanzou ao alcalde a secretaria de Estado do Ministerio de Transportes, Isabel Pardo de Vera, coa que Juan Manuel Rey reuniuse en Madrid para estudar e avanzar no desenvolvemento de diversos proxectos de mobilidade, patrimonio e vivenda na vila termal
Na xuntanza participaron tamén o director xeral de Estradas, Javier Herrera , o director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, José Ignacio Carnicero, o concelleiro de Facenda de Caldas, Jacobo Pérez e o arquitecto redactor do PXOM, Javier Rivas.
Ademais desta variante oeste, o ministerio tamén estudiará a execución dunha rotonda na N-550 en Outeiro, para mellorar a circulación nese punto.
Ambas partes tamén acordaron profundar en propostas para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade ao polígono industrial de Veigas de Almorzar desde a N-640 e a reversión ao Concello de sete hectáreas sobrantes da variante este en Rabexe.
Caldas presentoulle ao Goberno as diferentes propostas existentes para a pasarela peonil sobre o río Umia, en paralelo á Ponte da Ferrería, para mellorar a conectividade entre Santa María e Santo Tomé, e facilitar o acceso dos peregrinos ao centro histórico de Caldas.
En materia de vivenda valoráronse as posibilidades de apoio do ministerio para o desenvolvemento de vivenda protexida no edificio situado entre a rúa Real e a praza Dr. Sesto Casal e presentouse o proxecto municipal de restauración integral do xardín botánico e a carballeira, que encaixa na próxima convocatoria do 1,5% cultural que impulsa o ministerio.
O alcalde destacou que foi un encontro "moi frutífero e cordial" que permitiu estudar "a fondo" proxectos avanzarán "con toda seguridade" no seu desenvolvemento nos próximos meses.
Relacionadas:
-
A esperada Variante Oeste de Caldas terá un orzamento próximo aos 54 millóns de euros
Por Redacción |
-
O Ministerio licita a redacción do estudo informativo do variante oeste de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan cinco alternativas para a pasarela peonil que Caldas quere facer sobre o río Umia
Por Redacción |
-
Caldas estuda a demanda de vivenda pública para impulsar novas promocións
Por Redacción |
-
Caldas avanza con Fomento en proxectos de utilidade veciñal para o municipio
Por Redacción |
-
Impulso para a variante da N-640 entre Caldas e Vilagarcía
Por Redacción |