O colexio de Marcón remata os obradoiros artísticos sobre igualdade impartidos por Migallas
Por Oskar Viéitez
O alumnado do CEIP de Marcón ven de rematar os obradoiros artísticos sobre igualdade que realizou Migallas Teatro durante os meses de outubro e novembro baixo o título "Nin sapos nin princesas".
Neles, a través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Yayoi Kusama e Frida Kahlo abordouse a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
Nestes talleres, que seguen a liña dos organizados polo Concello de Pontevedra baixo o nome de "Á procura do tesouro" durante máis de 20 anos, o alumnado desenvolveu as súas capacidades creativas mediante diversas técnicas de expresión plástica, dramática e musical.
Esta iniciativa foi subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.