Comeza en Vilagarcía toda a programación de Nadal, con luces, xardíns efémeros, Fexturrón e circo
Por Redacción
Vilagarcía acendeu este sábado a iluminación do Nadal. Nun acto inaugural desenvolveuse alredor da árbore da céntrica praza de Galicia, con Papa Noel xunto ao alcalde Alberto Varela.
A Banda de Música de Vilagarcía amenizou a velada con panxoliñas.
Ademais das luces, a cidade tamén está decorada con xardíns efémeros instalados en diferentes puntos, a aldea infantil da explanada do Auditorio e as atraccións do Fexturrón no recinto feiral de Fexdega, coa pista de xeo e o tobogán como principal reclamo.
A actividades programadas polo Concello de Vilagarcía inclúen o espectáculo chamado Circo de Nadal, o 27 de decembro, no Auditorio Municipal con números musicais, maxia, acrobacias e humor.
Relacionadas:
-
Vilagarcía manterá a cabalgata de Reis pero reforzará a seguridade
Por Redacción |
-
Denuncian ante a Policía roubos e danos na decoración de Nadal de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os Reis Magos volven a Vilagarcía e buscan acompañantes para a cabalgata
Por Redacción |
-
Un Circo de Nadal que xa percorreu medio mundo anima a programación festiva de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Papa Noel prenderá o alumeado de Nadal en Vilagarcía con banda de música e un espectáculo de pompas de xabón
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación levará o Apalpador a 45 concellos da provincia este Nadal
Por Redacción |