Concentración en defensa da Atención Primaria ante o centro de saúde de Moraña
Por Redacción
Este sábado rexistrábase unha concentración cidadá ante o centro de saúde de Moraña, unha convocatoria á que concorreron máis de duascentas persoas reclamando melloras na Atención Primaria. Denuncian que este centro sanitario está a sufrir a política de recortes e de desmantelamento por parte do goberno galego.
Marcos Suárez, portavoz do BNG, rexeitaba a ampliación do centro de saúde que o alcalde popular José Cela e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, defenden. Os manifestantes afirman que os residentes no municipio teñen outras prioridades.
A lista de peticións fai referencia á reposición dunha praza médica, despois da xubilación dunha das doutoras que prestaba servizo no centro de saúde; a reposición dunha praza médica por baixa en horario reducido e a cobertura das baixas do persoal.
Solicitan que se cubran as tres prazas médicas que corresponden ao municipio e tamén a do servizo de pediatría; ademais de dotar de persoal de enfermería suficiente e de servizos xerais.
Sinalan que se amortizou unha das prazas de servizos xerais, que consideran imprescindible para o Concello. Ante estas situacións, denuncian o esgotamento do persoal sanitario debido á "incompetente xestión" da xerencia de Atención Primaria ao non contratar ao persoal necesario.
Alertan de que o centro de saúde en numerosas xornadas conta unicamente cun profesional médico e o persoal sanitario e de enfermería resulta "insuficiente" para atender a demanda cidadá, co agravante de que o persoal ten que antender a pacientes con desprazamentos aos seus domicilios para cumprir con cámpalas de vacinación da gripe e da covid-19.
Piden que se poña solución ás colas na rúa para acceder ao centro de saúde e coas dificultades telefónicas para contactar con este centro. Ademais esixen que finalicen as listas de espera de semanas, incompatibles coa Atención Primaria e que, segundo entenden, colapsan os PAC e os servizos de urxencias hospitalarias.
Relacionadas:
-
O contido deste cartel orixina unha nova protesta en Moraña contra a falta de persoal no Centro de Saúde
Por Redacción |
-
Profesionais de fisioterapia e enfermería alzan a voz contra a sobrecarga e precariedade na Atención Primaria
Por Manu Otero |
-
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública denuncia a situación do consultorio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
A "lamentable situación" no centro de saúde de Moraña chega ao Parlamento da man do BNG
Por Redacción |
-
Convocada unha concentración para defender a Atención Primaria no centro de saúde de Moraña
Por Redacción |
-
O centro de saúde de Moraña terá unha nova consulta e cinco salas polivalentes
Por Redacción |
-
Anuncian a reforma de dez centros de saúde na área sanitaria antes de que finalice 2021
Por Redacción |