O sector primario de Cerdedo-Cotobade quere crear unha marca propia de calidade
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou a celebración na vindeira primavera das "Xornadas Luís Caramés" para potenciar ao sector primario e crear unha marca propia que identifique da trazabilidade dos produtos de calidade xerados no municipio como o mel, a carne, o cultivo de arándanos ou a horta ecolóxica.
Outros obxectivos destas xornadas serán: impulsar un centro de transformación e xerar unha sinerxia de colaboración entre os distintos sectores primarios para dar un salto cualitativo a través da dixitalización e a procura de novos mercados.
"Estamos ante un auténtico reto de futuro para a Galicia rural para non so frenar o despoboamento senón potenciar dun xeito activo as grandes posibilidades que temos no noso municipio para apostar polo noso futuro", dixo o alcalde.
Segundo Cubela, "as xornadas serán o punto de partida para esta nova e apaixoante aventura que terá como protagonistas aos nosos emprendedores e os nosos produtos de calidade".
Relacionadas:
-
Un proxecto de inserción laboral reforestará 462 hectáreas en Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
Remate do pasteiro da Lama que transformou 26 hectáreas en terreo de pasto
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade acollerá un polígono agrario para produción de mazá de sidra
Por Redacción |
-
A Xunta inicia o primeiro pastizal do ano en Galicia nos montes de Valongo
Por Redacción |