Marín converterase nunha vila de Nadal desde o 3 de decembro
Por Redacción
O acendido da iluminación de Nadal, o próximo venres 3 de decembro, será o punto de partida da ampla programación lúdica e festiva que preparou o Concello de Marín para estas datas e que chegará a todos os lugares e parroquias do municipio.
Coa decoración interna do Concello xa rematada, as edís Marián Sanmartín, Beatriz Rodríguez, Cristina Acuña e Raquel Soage presentaron a imaxe do Nadal deste ano, coa que "queremos recuperar a ilusión e as ganas de gozar destas datas tan entrañables".
A iluminación de Marín contará este ano con elementos novidosos somo o paraugas da Praza de España ou as tiras de luz das árbores da Alameda e verase reforzada polas distintas estacións decorativas polo centro urbano.
A aposta pola economía local nestas festas será "decidida" por parte do Concello, que colaborará coa asociación Estrela de Marín, que organiza a primeira edición de ExpoNadal Marín, que estará instalada do 3 ao 5 de decembro na Alameda Rosalía de Castro.
A artesanía terá a súa propia feira de Nadal, cunhas casetas ambientadas para a ocasión, que estará tamén colocadas na Alameda ata o 5 de xaneiro.
O Mini Mercado de Nadal das ANPA da vila será o día 11 e as ONG realizarán ata tres chocolatadas solidarias para recadar fondos para as súas actividades.
A Alameda e o Parque Eguren volverán inaugurar as súas carpas. A primeira delas estará dirixida para público infantil e funcionará a modo ludoteca, de tal xeito que non entren pais, nais e demais familiares dentro. Haberá monitores en todo momento.
No caso da carpa do Eguren, volverá estar dirixida á mocidade maior de 12 anos e contará con xogos de mesa, billares, futbolín e salas de scape room, entre outros atractivos.
Volverán ademais dous clásicos do Nadal de Marín: o tren e o carrusel; e o día 31 os máis pequenos poderá tomar as uvas de fin de ano na Alameda.
A tradición e a cultura tamén terá o seu protagonismo coa celebración do Rancho de Reis por parte de Pousos da Area, as panxoliñas e os concertos de Nadal coas corais Lembranzas e a Coral Sociocomunitaria ou as actuacións das bandas de Musimarín e da Escola Naval.
Tamén se celebrará o tradicional Festival de Reis en Ardán e o concerto de Kalos para os nenos e nenas; e o Museo Manuel Torres, pola súa parte, ofrecerá actividades infantís relacionadas coa pintura e haberá visita dos Bolechas.
A cabalgata dos Reis Magos, pola súa banda, volverá facerse coma sempre, con carrozas e coa vistosidade dunha día tan especial para os máis pequenos da casa, aínda que haberá unha variación no Portal de Belén, que se está a valorar a súa ubicación na Praza 8 de Marzo.
Relacionadas:
-
Entrada libre para ver 'Canta 2' no Cine Seixo
Por Redacción |
-
O alumeado recibe o Nadal en Marín
Por Redacción |
-
O Nadal chegará a Marín este venres co alumeado e Exponadal
Por Redacción |
-
Repartirán 5.000 euros en vales de compra entre os consumidores de Marín
Por Redacción |
-
O Nadal de Meaño homenaxea ao sector do viño
Por Redacción |
-
O alumeado de Nadal chegará a Marín o 3 de decembro
Por Redacción |
-
Marín premiará por segundo ano as mellores decoracións de Nadal
Por Redacción |
-
O Mini Mercado de Nadal abrirá o sábado 11 de decembro na Alameda de Marín
Por Redacción |