Medio cento de novos positivos por covid-19 nun día na área sanitaria, que ten 11 pacientes no hospital
Por Redacción
A pandemia da covid-19 volve rexistrar niveles de contaxios que non se vían desde hai meses, con medio cento de positivos nunha soa xornada. Segundo o último balance oficial, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai este venres 342 casos activos, 44 máis que o xoves, pero nesa mesma xornada detectáronse 51 novos positivos e déronse sete altas a pacientes.
A situación que máis preocupa é a dos hospitais. Este venres, con datos das seis da tarde do xoves, hai 11 pacientes, un na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo e 10 ingresados en planta de hospitalización. Son dous máis nunha soa xornada.
En canto aos pacientes que están en planta, hai 8 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e dous no Hospital do Salnés.
En canto aos casos activos, o resto, 331, están no seu domicilio asintomáticos ou con síntomas leves.
Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 21.386 pacientes (7 máis nunha xornada) e faleceron por este virus na área sanitaria 205 pacientes.
En canto á realización de PCR’s, nas últimas 24 horas fixéronse 257, que elevan a 314.790 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia.