Un Circo de Nadal que xa percorreu medio mundo anima a programación festiva de Vilagarcía
Por Redacción
A oferta de actividades lúdicas e culturais programadas en Vilagarcía durante as vindeiras semanas incluirá este ano un Circo de Nadal, un espectáculo de novo formato que actualiza o concepto do circo renovando números musicais, de maxia, acrobacias ou humor e introducindo animais animatrónicos.
A actividade está prevista para o luns 27 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio Municipal e a venda anticipada xa está aberta a través de www.ataquilla.com.
O Circo de Nadal é un espectáculo de La Fiesta Escénica, unha compañía que ven avalada polos seus 25 anos de historia. O espectáculo que chega a Vilagarcía xa foi aplaudido por milleiros de persoas en teatros de Madrid, Roma, San Diego, México DF, Cancún, Berlín, noutras capitais de España e agora, xunto con Vilagarcía, pasará polas principais capitais galegas.
Trátase dun circo como nunca se viu no que se conta unha historia chea de tenrura, reencontros Ilusión e agarimo á familia. Habrá aventuras da man de grandes acrobacias, coreografía, efectos especiais, animais animatrónicos e personaxes máxicos.
A entrada para asistir ao espectáculo ten un prezo único de 10 euros. De non esgotarse antes, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das 16.00 horas e sen custos engadidos.
Relacionadas:
-
Vilagarcía manterá a cabalgata de Reis pero reforzará a seguridade
Por Redacción |
-
Denuncian ante a Policía roubos e danos na decoración de Nadal de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os Reis Magos volven a Vilagarcía e buscan acompañantes para a cabalgata
Por Redacción |
-
Comeza en Vilagarcía toda a programación de Nadal, con luces, xardíns efémeros, Fexturrón e circo
Por Redacción |
-
O Nadal de Meaño homenaxea ao sector do viño
Por Redacción |
-
Papa Noel prenderá o alumeado de Nadal en Vilagarcía con banda de música e un espectáculo de pompas de xabón
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación levará o Apalpador a 45 concellos da provincia este Nadal
Por Redacción |