Doce locais competirán no concurso Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción
Un total de doce locais participarán no concurso Caldelas Tapas Calientes que se celebrará os venres 3, 10 e 17 do mes de decembro na vila.
Neste edición participará Acuña con 'Tres Delicias' Alameda con 'Fabes con Almejas' Alborada, con 'Tesouro do Paseirón' Atelier del Delirio con 'Tapa do Coitado' Bar Valladares con 'Touciño Grellado' Jamarte con 'Delicia de Miga de Bacalao' Klimbin con 'Arroz con Salsa de Outono', LaTribu con 'Frijoles Charros' Parada con 'Carrilleras estilo Parada' Tapería Victoria con 'Pintxo Vitoria', Terracita con 'Raxito de Pulpo' e Verdugolandia con 'Solomillo en Salsa Roquefort'.
O xurado profesional estivo composto polo cociñeiro con estrela Michelín Pepe Vieira, a reposteira local responsable de 'Pica e Peca', Conchi Amoedo; e a ex propietaria do Bar Alameda, Ángeles Míguez 'Lita'. O xurado valorou o sabor das propostas, a presentación, a utilización de produtos locais e de temporada e tamén a orixinalidade da tapa. O seu fallo coñecerase a finais do mes de decembro, unha vez rematada a presente edición, en presenza de todos os participantes.
O prezo das tapas será de 1,50 euros e a bebida pagarase á parte. As tapas poderán comezar a degustarse a partir das 20.30 horas os tres primeiros venres do mes de decembro.