A mocidade retrata as manifestacións máis crueis da violencia vicaria contra as mulleres
Por Mónica Patxot & Redacción
Este mércores entregábanse os premios do V Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero, que organiza a Subdelegación do Goberno, con motivo do 25 N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, presidía o acto e mostraba a súa satisfacción polos traballos presentados polo grao de compromiso que reflicten. Nesta edición, o certame centrábase na violencia vicaria e Larriba recoñecía aos asistentes que as obras premiadas ofrecen unha visión "clara e nítida" dunha das manifestacións máis crueis da violencia contra as mulleres.
Lembrou que neste 2021 foron asasinados cinco menores á vez que as súas nais e sinalou que algúns destes casos tiveron gran eco na opinión pública, de forma que se visibilizou esa violencia contra as mulleres que se exerce a través das súas fillas e fillos. Expresou que se trata dunha violencia moitas veces "obviada e esquecida".
O xurado estaba formado por Mónica Patxot, licenciada en Xornalismo e fotógrafa do xornal dixital PontevedraViva; María Belén Rubido de la Torre, xuíza decana e titular do Xulgado Penal número 4 de Pontevedra, especializado en violencia de xénero; Emma Torres Romay, decana da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación do campus pontevedrés; e Andrés Fraga, profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade.
Os premios consistían nunha computadora para o primeiro galardón e unha tableta dixital para a segunda praza. Ademais de dous accésits cun vale de cen euros.
Esta é a relación do alumnado que obtivo os premios:
- Categoría 1 (Iso, F.P. Básica, F.P. Ciclo Medio)
- Fotografía
Primeiro premio: Nerea Vázquez Lameiro, IES Ricardo Mella (Vigo). Obra: "Pérdome ao teu lado"
Segundo Premio: Anxo Barcala Balado, CPR Plurilingüe (Vigo). Obra: "Cargando una maleta muy pesada"
Accésit: Daniel Parada Sanmartín, Colexio Inmaculada (Marín). Obra: "Deja huella"
- Vídeo
Primeiro premio: Daniel Acuña Acuña, Colexio Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra). Obra: "Sueños truncados"
Segundo premio: Alba Sobreira García, CPR Plurilingüe (Vigo). Obra: "Infancia perdida"
- Categoría 2 ( Bachilllerato, F.P. Ciclo Superior)
- Fotografa
Primeiro premio: César Outón Fernández, IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). Obra: "Sonrisa desgarrada"
Segundo Premio: Hugo Vidal Conde, Colexio Santiago Apostol (Soutomaior). Obra: "Nooooo"
Accésit: Antía Iglesias da Torre, IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). Obra: "Alegoría madre e hija"
- Vídeo
Primeiro premio: Inés Malvesada Rodiño, Colexio Santiago Apóstolo (Soutomaior). Obra: "Atrapado"
Segundo premio: Nerea Bascuas Ríos, Colexio Santiago Apóstolo (Soutomaior). Obra: "Volver"
Relacionadas:
-
25N | Os 'xardíns que falan' alzan a voz contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Domingo 28, día de 'Andaina Violeta contra a violencia machista'
Por Redacción |
-
Pontevedra desafía aos que lexitiman "argumentos negacionistas" contra as violencias machistas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marín prepárase para o 25N
Por Redacción |
-
Maica Larriba destaca a figura de Emilia Pardo Bazán como un referente para a mocidade
Por Redacción |