O incendio forestal de Corredoira arrasou 54 hectáreas, sete de elas arboredos
Por Redacción
O incendio forestal rexistrado no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade afectou a unha superficie de 54,13 hectáreas, sete delas arborizadas e o resto monte raso, segundo as medicións realizadas por GPS.
O lume, que se declarou onte ás 16:48 horas no Monte Coirego da parroquia de Corredoira, quedou extinguido esta mañá.
Na súa extinción participaron dous técnicos, dez axentes, vinte brigadas, once motobombas e dúas pas, segundo informou a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
O incendio non supuxo risco para a poboación ao rexistrarse lonxe de zonas habitadas.
O forte vento rexistrado nas últimas horas dificultou as tarefas de control e extinción do incendio, ao contribuír a que o lume se propagase rapidamente.
Con todo, a chegada da noite e o intenso traballo realizado polas brigadas forestais durante a madrugada permitiron controlar o seu avance ata a súa extinción definitiva.