Extinguido un incendio en Cerdedo-Cotobade que afectou a 54,13 hectáreas
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O forte vento dificultou a extinción dun incendio forestal declarado este martes en Corredoira, unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade.
A Consellería do Medio Rural informa que o lume comezou ás 16,48 horas da tarde na zona do Monte Coirego, sendo declarado como estabilizado ao fío da medianoite e controlado ás 8.30 horas da mañá. Finalmente, contra as dúas e media da tarde deste mércores deuse por extinguido.
Segundo as últimas medicións realizadas con GPS, a superficie afectada foi de 54,13 hectáreas, das cales 7 foron de arborado e o resto de monte raso.
A Consellería de Medio Rural informou que mobilizáronse nas tarefas de extinción 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.
No lugar do suceso tamén traballaron efectivos do propio Concello de Cerdedo-Cotobade e tamén de Protección Civil de Poio e de Cuntis, entre outros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Relacionadas:
-
Cuntis pide á Xunta unha maior dotación económica e de material para o Servizo de Emerxencias e Protección Civil
Por Oskar Viéitez |
-
Un proxecto de inserción laboral reforestará 462 hectáreas en Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
O incendio forestal de Corredoira arrasou 54 hectáreas, sete de elas arboredos
Por Redacción |