Interceptado un veciño de Cambados conducindo drogado a 243 km/h na autovía A-52
Por Redacción
A Garda Civil de Ourense interceptou un vehículo que circulaba a 243 quilómetros por hora na autovía A-52 ao seu paso polo termo municipal ourensán de Allariz, que está limitada a 120 km/ h. Trátase dun veciño de Cambados, de 34 anos, que conta con antecedentes, e que deu resultado positivo en cocaína no test de drogas.
Ademais, segundo informou o Instituto Armado, sobre este condutor hai unha orde de procura, detención e comparecencia dun xulgado de Córdoba.
Sobre as 17,40 horas deste pasado luns 22 de novembro unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense estableceu un control de inspección de velocidade no quilómetro 207 da autovía A-52, sentido ao Porriño, nas proximidades da localidade de Allariz.
Entre os infractores detectados por exceso de velocidade, atopábase un vehículo turismo Volkswagen Golf, que circulaba a 243 km/ h, a pesar de estar limitada nesa vía a 120 km/ h.
Por iso, ao seu condutor imputóuselle un suposto delito contra a seguridade viaria, polo que se enfronta a unha posible pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, á de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, engaden as mesmas fontes.
Relacionadas:
-
Detido un mozo de 26 anos por vender droga nun edificio da rúa Cruz Vermella
Por Redacción |
-
Xa está preparado o Plan de Vialidade Invernal para as estradas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Co foco posto nos accidentes de motocicletas
Por Natalia Puga |
-
As "inasumibles" 25 vítimas mortais de tráfico en Pontevedra en 2021
Por Natalia Puga |
-
Tráfico investiga un mozo de Marín por circular en sentido contrario pola autoestrada
Por Oskar Viéitez |