Identifican a 'O Neno do Demo', autor de numerosas pintadas por toda a cidade
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Policía Nacional logrou identificar un mozo pontevedrés que desde hai meses realizou numerosas pintadas por toda a cidade baixo a mesma firma, 'O Neno do Demo'. Trátase dun veciño de Pontevedra de 22 anos.
Os grafitis empezaron a aparecer meses atrás en rúas e fachadas de edificios de toda Pontevedra e todos eles teñen unha mesma estética, teñen unha especie de caveira ou demo e utilizan as cores negra e vermella.
Ademais, tras unhas primeiras 'obras' sen firma, o grafitero empezou a deixar o seu nome nos debuxos, 'O Neno do Demo'. Tamén pintou a palabra ' Newa' nalgunhas delas.
Fonntes oficiais da Comisaría explican que a investigación comezou ao ter coñecemento de que en Pontevedra viñan realizando un gran número de pintadas por todo o centro urbano, "co consecuente malestar de comerciantes e cidadáns" e estableceron un dispositivo para evitar este tipo de danos efectuados, sobre todo, na zona centro e durante a fin de semana.
Tras meses de investigacións, nos que mesmo chegou a realizar algunha das súas obras en Poio, finalmente, os investigadores da Policía Nacional localizaron o autor.
A pesar de que hai pintadas por toda a cidade, poucas persoas presentaron denuncia ante a Policía Nacional. Si hai denuncias por obras da súa autoría na praza de Valentín García Escudeiro, Arcebispo Malvar, Losada Diéguez e Benito Corbal. Nesta última rúa, hai unha denuncia por pintar a fachada da tenda Zara.
Respecto diso, desde a Comisaría Provincial explican que recibiron ata tres denuncias por danos en diferentes edificios da cidade, aínda que houbo máis pintadas das que non se presentou denuncia en dependencias policiais.
As 'obras' deste mozo proliferaron fundamentalmente polo centro histórico, aínda que tamén hai algunhas ggggpolo barrio da Parda ou pola zona comercial.