Crean a 'Orde do Santuario das Aparicións a Sor Lucía en Pontevedra'
Por Redacción
Un grupo de fieis pontevedreses ás aparicións marianas uníronse para crear a 'Orde do Santuario das Aparicións a Sor Lucía en Pontevedra'.
O seu obxectivo é poñer en valor e promocionar o Santuario das Aparicións, lugar no que segundo o relato coñecido apareceuse a Virxe co Neno Xesús ao seu lado. Este suceso tivo lugar o 10 de decembro de 1925 na cela da irmá Sor Lucía dos Santos.
Segundo o colectivo agora creado "este feito singular estaba a atravesar un momento de desorientación, que podía terminar nun total esquecemento do mesmo, e por iso impoñíase abordar este tema e establecer uns obxectivos claros, polo que, desde hai xa algún tempo estaba na nosa mente e desexo, crear un órgano de divulgación e difusión".
Aseguran ademais que tomaron a decisión "para evitar que o Santuario quedase desprazado e a nosa cidade descolgada nos itinerarios de peregrinación mariana".
Esta iniciativa encabézana Tomás Abeigón como presidente, Jesús Solla como secretario, Sergio Nistal como tesoureiro, e a profesora universitaria Viviana Fernández Marcial.
Entre as accións que teñen previstas atópase a celebración o próximo 10 de decembro o 'I Capítulo da Orde' para nomear 'Cabaleiros e Damas' do Santuario das Aparicións a Sor Lucía en Pontevedra a aquelas persoas que se distingan na defensa e promoción do mesmo e tamén da cidade.
Relacionadas:
-
Campaña de crowdfunding relixioso para salvar o Santuario das Aparicións en Sor Lucía do seu actual estado de ruína
Por Anxo Lourido |
-
A Orde do Santuario das Aparicións a Sor Lucía distingue oito 'Damas e Cabaleiros'
Por Redacción |
-
O Apostolado de Fátima conmemora o 94 aniversario das aparicións a Sor Lucía en Pontevedra
Por Redacción |
-
BNG e Marea rexeitan a idea do PP de potenciar Pontevedra como cidade de turismo relixioso
Por Redacción |
-
O PP propón impulsar o turismo relixioso en Pontevedra e promocionala xunto a Fátima e Lourdes
Por Alejandro Espiño |