Concentración de protesta da veciñanza de Cuntis diante do Centro de Saúde
Por Redacción
Un bo número de persoas sumáronse na mañá deste venres á manifestación convocada en Cuntis para denunciar a deficiente atención sanitaria que está a recibir o municipio.
A manifestación contou coa presenza de todos os grupos políticos que reclaman á Xunta que teña en conta as súas reivindicacións ante as "deficiencias" coas que a poboación se atopan a diario.
O alcalde, Manuel Campos Velay, advertiu á administración autonómica que "Cuntis non vai parar ata conseguir o que lle corresponde por lei".
Os manifestantes denunciaron que Cuntis "está a converterse nun pobo esquecido", xa que os seus veciños carecen de "algo tan esencial" como unha boa sanidade pública e, como colofón á súa protesta sinalaron que "non rogamos, esiximos a quen sexa necesario que se nos escoite e que se solucione xa este problema".
Entre as críticas veciñais que levaron a esta manifestación destacan que en Cuntis "adoece" de persoal para cubrir os servizos básicos necesarios.