"Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven"
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres a nova edición do programa Mulleres en Acción # ViolenciaZero, unha iniciativa "referente a nivel nacional que leva a arte, a cultura e o compromiso feminista por toda a provincia" mediante intervencións multidisciplinares de mulleres creadoras.
Carmela Silva lembrou que a Deputación leva todo este mes de novembro organizando accións con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación das Violencias contra as Mujeres, aínda que este venres arrinca oficialmente a programación que este ano leva por lema "Por ser mulleres" e coa que se pretende "situar á axenda feminista no centro da axenda política".
Neste acto, celebrado nas Ruínas de Santo Domingo, a presidenta estivo acompañada de representantes de todas as representantes das entidades que colaboran no desenvolvemento deste programa e dos municipios que acollerán algunha das accións contempladas a próxima edición de #ViolenciaZero que incluirá muralismo, escritura, performance, escultura, teatro, música... "a cultura e a arte contra a violencia machista".
Na súa intervención, Carmela Silva empezou visibilizando "o que sufrimos por ser mulleres" citando a brutal violación múltiple a unha moza de Igualada, a violación doutra moza de Navarra ou os asasinatos de María Isabel, Flora ou Pilar "estamos fartas de que isto ocorra por ser mulleres", dixo.
"Farta" e "emocionada" ao recordar a estas vítimas, Carmela Silva advertiu que "estamos aquí, unidas, de pé, no centro, denunciando, para que saiban os fascistas, os que negan o sufrimento das violencias das mulleres, que somos fortes, estamos convencidas, sabemos polo que loitamos e ninguén nos vai parar".
Carmela Silva, quen a primeira hora da mañá despregaba na balconada do Pazo, xunto ao goberno provincial, a pancarta "Por ser mulleres. Reivindicando a nosa axenda" que locen xa as sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo, recordou que "somos herdeiras doutras moitas mulleres que crearon o camiño que agora percorremos e estamos dispostas á loita porque estamos fartas de que isto aconteza por ser mulleres".
PROGRAMACIÓN
O xoves día 25 terán lugar as dúas primeiras accións en Pontevedra e en Vigo da sétima edición do programa "Mulleres en acción. Violencia Zero", que levará neste 2021/2022 o lema "Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!".
O programa, tivo un anticipo este venres coa actuación musical de Xoana "Dardos en feminino", e arrancará o xoves na praza da Peregrina ás 12.00 da mañá coa performance "Asta en cueva" de Alba Soto. Xa pola tarde, ás 18.30, a peza "VER/Cada/Bágoa" de Mercé de Rande chegará ao Museo Marco de Vigo.
Serán en total 25 accións (6 performances, 5 accións musicais, 5 escénicas, 4 murais, 3 de danza urbana e 2 accións poéticas) en 25 concellos con artistas "moi potentes".
A programación da Deputación do 25N arrancou xa a comezos de mes co "Manifesto de Soutomaior", ao que seguiu o workshop da Cátedra de Feminismos 4.0 "Hackeando o patriarcado", que tivo lugar onte para reivindicar a intelixencia artificial feminina fronte aos algoritmos machistas.
Tamén forman parte da programación iniciativas como o alumeado en morado das sedes institucionais de Pontevedra e Vigo entre o 24 e o 28 de novembro, e a lectura, a cargo de Silvia Pérez, investigadora da Universidade de Vigo, da declaración institucional no pleno do día 26. Ese mesmo día e ata o 29 de novembro na feira Culturgal a Deputación dará a coñecer toda a programación no eido da igualdade.
O 29 de novembro inaugurarase na sede de Vigo a mostra "Espazos Roubados", de Isabel Blanco, o día 30 comezará o módulo en igualdade na Escola de Enfermería e a comezos de decembro presentarase a nova campaña do xoguete igualitario, non sexista e non violento.
Por outra banda, ata o 9 de decembro continuarán os debates teóricos online sobre a axenda política feminista coordinados por Rosa Cobo, e ata o día 15 os obradoiros de formación nos institutos, "Canteira de Igualdade".
Amais, os días 11 e 18 de decembro terá lugar no Museo MARCO de Vigo o novo ciclo "Cinema mulleres", en colaboración co Consulado Xeral de Arxentina, e na sede provincial viguesa poderá visitarse ata o 31 de decembro a mostra "Muller por muller", comisariada por Rosario Sarmiento.
Relacionadas:
-
Reflexión sobre feminismo no Museo: Quen realizou as pinturas rupestres? Homes ou mulleres?
Por Redacción |
-
"O 1 e o 2 de xuño Pontevedra volverá ser unha provincia de igualdade"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Internas con mensaxes a prol da liberdade da muller realizan unha performance no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción |
-
O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 denuncia a pasividade das grandes corporacións ante a misoxinia en internet
Por Oskar Viéitez |
-
Analizan e anuncian novas accións para impulsar o papel das mulleres na literatura
Por Redacción |
-
Reflexión en Moraña sobre o amor propio das mulleres a través da música de Sofía Espiñeira
Por Redacción |
-
25N | Os 'xardíns que falan' alzan a voz contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Obras de artistas que gañaron Novos Valores serán expostas no Culturgal a través do Museo
Por Redacción |
-
Pontevedra desafía aos que lexitiman "argumentos negacionistas" contra as violencias machistas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marín prepárase para o 25N
Por Redacción |
-
Maica Larriba destaca a figura de Emilia Pardo Bazán como un referente para a mocidade
Por Redacción |
-
Novo programa de igualdade da Deputación dirixido ás asociacións
Por Redacción |
-
Fernández de la Vega inaugura a aula magna da UNED e imparte unha lección maxistral sobre "educación e igualdade"
Por Redacción |
-
As 'Defensoras de Dereitos' volven por terceiro ano con dous novos libros e máis actividades na provincia
Por Redacción |
-
O 'I Encontro Nacional de Políticas Públicas' pecha o pano cunha crítica ao sistema xudicial e ás desigualdades
Por Redacción |