O Grove xa ten datas para a Festa do Marisco de 2022
Por Redacción
Tras dous anos sen Festa do Marisco, O Grove agarda que á terceira vaia a vencida. De aí que xa teña programadas as datas para a edición de 2022. Se a pandemia o permite, as carpas de degustación regresarán ao municipio entre os días 29 de setembro e 12 de outubro.
Así o acordou o consello municipal de turismo que, ademais, autorizou a apertura do proceso para buscar a imaxe da festa do próximo ano.
O cartel, que terá unhas medidas de 30 x 45 centímetros en sentido vertical ou horizontal, deberá incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado, unha centola con cunca.
Ademais, terá que contar coas datas nas que terá lugar a festa e presentar expresamente o nome de Festa do Marisco. O Grove 2022.
O prazo de presentación das propostas remata o vindeiro 3 de xaneiro.
O premio está establecido en 300 euros e os bosquexos poderán ser entregados nas oficinas do edificio administrativo do Concello, na rúa Alcalde Xacobe Barral.
Relacionadas:
-
Conta atrás para a primeira Festa do Marisco pospandemia
Por Redacción |
-
Tanxugueiras, Lila Downs, Dorian e Maika Makovski poñerán ritmo á LIX Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |
-
O sábado comeza a veda da centola
Por Redacción |
-
As Xornadas Marisqueiras do Grove, a cubrir o oco da Festa do Marisco
Por Redacción |