O 25N de Ponte Caldelas arranca cunha charla sobre prevención para adolescentes
Por Redacción
A programación deseñada por Ponte Caldelas polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, fixo parada este mércores no instituto da vila.
Foi cunha charla que recibiu o alumnado de cuarto da ESO sobre prevención da violencia, para educar en igualdade e no respecto aos adolescentes de Ponte Caldelas. Nela, falouse entre outras cuestións de como detectar as relacións tóxicas.
Os obxectivos das sesións son coñecer as definicións de termos relacionados coa igualdade entre mulleres e homes, feminismo e violencias sexuais e identificar os perigos das redes sociais e internet no referente as violencias sexuais como ciberacoso ou sexting.
Ademais, tamén se busca definir e identificar as relación sexoafectivas saudables.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, participou hoxe nunha das charlas e incidiu na importancia de traballar na igualdade e contra a violencia de xénero dende a adolescencia.