Cintia, Paula e Telmo, protagonistas do primeiro 'bautismo civil' da cidade
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O Pazo de Mugartegui foi o escenario elixido este sábado para realizar a primeira 'cerimonia para bebés' no Concello de Pontevedra, que se une nestas lides aos seus veciños Marín e Poio.
Presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, os pequenos, Telmo Salorio Fernández, Cintia Tizado Sanfiz e Paula Rodríguez Codina convertéronse nos primeiros protagonistas dun 'bautismo civil' na cidade.
Cintia, de tan só cinco meses, e Paula e Telmo, de once, recibiron o "recoñecemento público da súa cidadanía", segundo resaltou Fernández Lores no seu discurso, nunha festa que os proxenitores reivindican como unha "ceremonia de bienvenida, no algo religioso" como recoñece Silvia Sanfiz.
Por que facer algo tan formal entón? Silvia, a nai da máis pequena dos tres bebés, Cintia, explícao: "podiamos hacerle una fiesta familiar pero queriamos algo oficial. Se trata de celebrar que Cintia está aquí".
O que menos queren os pais é unha polémica por motivos relixiosos, pero algúns como Lucho Tizado reinvindica a celebración desta cerimonia recordando que "ya se hacía antes de que hubiese religión católica, los romanos lo tenían instalado".
Para finalizar a 'cerimonia para bebés' o Concello entregouno á familia de cada neno, a xeito de regalo, un lote de libros e vídeos infantís dunha editorial pontevedresa.