A Santa Compaña das preferentes
Por Oskar Viéitez
Un grupo de almas en pena afectadas polas participacións preferentes bancarias visitaron esta noite a sucursal de NovaGalicia Banco no Grove.
Ataviados con sabas brancas e candeas, a Santa Compaña das preferentes, reivindicou unha solución global para todos os aforradores a quen os bancos venderon estes produtos tóxicos.
Pantasmas, enterradores, mortos vivientes, ataúdes e coroas de flores, todo para recordar que "non hai descanso para os afectados", dicían.
Mentres tanto seguen pendentes do avanzado polo ministro de Economía, Luís de Guindos, en resposta a unha pregunta formulada no Congreso polo socialista Valeriano Gómez.
Dixo o Ministro que nos "próximos días" anunciarase a solución para os cidadáns afectados polas preferentes, "de acordo coas normas da Comisión Europea".