O Goberno vendeu 27 inmobles na provincia, confiscados por narcotráfico, por valor de 2 millóns de euros
Por Redacción
A Xunta de Galicia recibirá 498.500 euros procedentes dos fondos de comisos de narcotráfico, segundo informaba nas últimas horas o delegado do Goberno, José Miñones. Ese diñeiro destinarase a programas relacionados coa prevención do consumo de drogas e atención a persoas drogodependentes.
Esta repartición foi acordado nun convenio que asinaron a Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas, a través do Ministerio de Sanidade, e a Xunta de Galicia. José Miñones afirma que con esta acción quérese devolver á sociedade parte dos enormes danos que causa o narcotráfico en Galicia.
As Forzas de Seguridade lograron confiscar 52 bens a narcotraficantes en Galicia durante 2020, 31 deles foron na provincia de Pontevedra. A maioría consistiron en obxectos de diverso tipo como material informático ou ferramentas, ademais de cinco vehículos.
Tamén durante o pasado ano, o Goberno vendeu 27 propiedades inmobles, todas pertencentes á provincia de Pontevedra, por unha cantidade de dous millóns de euros. Este diñeiro tamén se empregará para a loita contra a distribución, venda e consumo de drogas e para a atención de drogodependentes.
Neste 2021, segundo a Delegación do Goberno, 1.075.947 euros foron transferidos polo Goberno para programas relacionados co consumo de drogas á Xunta de Galicia, tanto a través dos orzamentos xerais do Estado como a través de créditos do Fondo de bens comisados por tráfico ilícito de drogas.
Relacionadas:
-
Arrestada unha camareira dun local de lecer de Vilagarcía por vender cocaína
Por Oskar Viéitez |
-
A nai do mozo da Illa desaparecido por presunta relación co narcotráfico non o ve desde agosto
Por Redacción |
-
Investigan a desaparición dun mozo da Illa e a súa posible vinculación co narcotráfico
Por Redacción |
-
Detidos dous arousáns coa maior cantidade de cocaína da historia intervida a bordo dun veleiro
Por Oskar Viéitez |