O vídeo promocional 'Sigue o teu instinto' xa suma unha decena de premios internacionais
Por Redacción
Os éxitos obtidos polos vídeos de promoción turística da Deputación de Pontevedra son un non parar. O último deles foi para 'Sigue o teu instinto', que obtivo o décimo galardón como mellor vídeo de produto na categoría de turismo cultural na duodécima edición do Amorgos Tourism Film Festival (Grecia).
A cinta, protagonizada pola actriz Celia Freijeiro, foi unha das 25 premiadas nun certame no que participaron 135 competidoras procedentes de 37 países e xa suma, desde o inicio da súa andaina no circuíto de festivais internacionais, recoñecementos no FilmAT Festival de Varsovia (Polonia), ITTF África (Sudafrica), Fitur Travel Video Competition (Madrid), The Golden City Gate (Berlín), Tourism Film Festival (Turquía), Silafest (Serbia), Terres Festival de Tortosa, Tourfilm Riga (Finlandia) e o ART&TUR luso.
No caso do último certame, congregou durante tres días a representantes do sector, onde o xurado valorou para decidir os premios o seu impacto, concepto, creatividade, storytelling, obxectividade, orixinalidade, produción técnica e narrativa visual.
Con este galardón, as pezas audiovisuais da Deputación de Pontevedra - 'Sigue o teu instinto' e 'Fame de Experiencias' - xa contan con 24 galardóns internacionais nas categorías de turismo gastronómico, de natureza, cultural.
Relacionadas:
-
A provincia de Pontevedra, primeiro premio en Fitur ao mellor destino SICTED de toda España
Por Redacción |
-
A Deputación non estará no stand de Galicia en Fitur despois dun novo "encontronazo" coa Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
As Rías Baixas reciben por segundo ano consecutivo un 'Oscar do turismo'
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación abordará nunha xornada os "retos máis importantes do turismo: sostibilidade e dixitalización"
Por Oskar Viéitez |
-
"Segue o teu Instinto" inicia con vantaxe a carreira para ser o mellor vídeo de promoción turística
Por Redacción |
-
O audiovisual da campaña turística 2020 da Deputación logra dous novos premios internacionais
Por Oskar Viéitez |
-
Cuarto premio internacional para unha peza audiovisual que promociona as Rías Baixas como destino turístico
Por Redacción |
-
Novo premio para a campaña da Deputación "Sigue o teu instinto"
Por Redacción |
-
Fitur premia o audiovisual 'Sigue o teu instinto' da Deputación
Por Oskar Viéitez |