O pleno de Marín aproba o nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto
Por Redacción
O arqueólogo Antonio Blanco Freijeiro será nomeado como fillo predilecto da vila de Marín. Así se acordou na tarde deste xoves no Pleno da Corporación celebrado no Concello e que serviu para dar oficialidade a este trámite, despois da elaboración do expediente no que se recolleron os méritos e as razóns polas cales Blanco Freijeiro merece este distintivo.
A concelleira de Cultura e instrutora do expediente, Beatriz Rodríguez, quixo agradecer despois do Pleno da Corporación ao Club de Opinión Portocelo a súa iniciativa, xa que foron a entidade promotora, así como ao resto do asociacionismo cultural marinense que non dubidou en sumarse a ela e brindarlle o seu apoio.
Despois desta oficialización do nomeamento, será a quenda das Xornadas que levan o seu nome, que se presentarán esta fin de semana e nas que participarán persoas moi vencelladas á figura do arqueólogo.
Relacionadas:
-
As XXII Xornadas Blanco Freijeiro abordarán en Marín a chegada de Roma a Galicia
Por Redacción |
-
Antonio Blanco Freijeiro xa é fillo predilecto de Marín
Por Redacción |
-
As Blanco Freijeiro poñen en valor o patrimonio e a arqueoloxía
Por Redacción |
-
As Xornadas Blanco Freijeiro máis especiais serán do 22 ao 28 de novembro
Por Redacción |
-
Marín nomeará a Blanco Freijeiro fillo predilecto
Por Redacción |
-
As XVIII Xornadas Blanco Freijeiro xirarán en torno á historia da música
Por Redacción |