Operarios municipais acometen a mellora da conexión entre A Freixa e A Ostreira
Por Redacción
Operarios municipais están procedendo estes días ao arranxo e mellora dun camiño situado entre o lugar da Freixa, na parroquia de San Xoán, e A Ostreira. Trátase dunha actuación que consiste no ancheo desta vía secundaria.
Ademais desta ampliación, tamén se está a proceder á súa limpeza. A tenente de alcalde e responsable do departamento de Obras e Servizos Municipais, a socialista Chelo Besada, estivo inspeccionando as tarefas esta mesma semana, acompañada polo concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, o tamén socialista Gregorio Agís.
Os edís do goberno municipal explicaron que a actuación incluirá, ademais da mellora do camiño en si, a dotación dunha tubaxe nun dos marxes da pista, que servirá para a recollida de augas pluviais. Dadas as características do camiño, faise necesaria esta instalación, para poñer fin aos problemas que se rexistran especialmente cando se rexistran chuvias copiosas.
A tenente de alcalde incidiu, ademais, que esta vía é moi utilizada polos veciños da contorna, toda vez que conecta directamente coa senda que atravesa a fachada marítima entre a Ostreira e A Seca.
"Unha vez estean rematados os traballos o camiño estará nunhas condicións moito mellores e evitaremos que a auga leve restos ata o mar, tal e como viña sucedendo ata o de agora", finalizou Chelo Besada.
Relacionadas:
-
O camiño entre A Freixa e Ostreira, en San Xoán de Poio, xa está reformado
Por Redacción |
-
Malestar veciñal na Caeira por problemas recorrentes no abastecemento de auga
Por Manu Otero |
-
A Deputación financiará a reforma da contorna de Portosanto, Saíñas e A Puntada
Por Redacción |
-
Avanzan as obras da rede de saneamento nos lugares do Muíño e de Chancelas
Por Redacción |