A concesión de 1,2 millóns euros da Deputación permite a acelerar o proxecto da nova biblioteca de Vilagarcía
Por Redacción
A nova Biblioteca Municipal de Vilagarcía está moito máis preto de facerse realidade ao terse coñecido xa a resolución favorable da Deputación de Pontevedra a financiar o proxecto a través do programa Reacpon.
A comunicación da concesión de 1.237.629 euros de subvención permite ao Concello sacar a obra a licitación coa maior brevidade posible. Para non demorar os traballos e para que as obras poidan comezar cantos antes, mentres se cumpre o proceso administrativo da contratación, o Concello acordará coa directiva do Liceo-Casino as datas para ir procedendo ao baleirado da antiga sede.
A construción da nova biblioteca nas instalacións adquiridas polo Concello na rúa Castelao é un dos proxectos máis ambiciosos que vai a levar a cabo o goberno local o vindeiro ano e un dos máis reivindicados polos vilagarciáns que dende hai anos demandaban unhas instalacións culturais máis amplas e modernas.
O proxecto da biblioteca precisará dun investimento total de 1.768.000 euros dos que, ao ter obtido a través do Reacpon o 70% (o máximo previsto nas bases), o Concello só terá que aportar os 530.413 euros restantes. Esta suma xa está dispoñible posto que, para axilizar o proceso, o goberno local xa reservou nos orzamentos deste ano unha partida de 1.450.000 euros con destino á biblioteca da que, grazas á obtención da subvención, poderán ser reutilizados para outros investimentos no municipio máis de 900.000 euros.
O goberno local comprométese a buscar alternativas para que tanto o Liceo-Casino coma Arousa Moza poidan dispor de instalacións nas que desenvolver as súas actividades. Ante a carencia de instalacións municipais, xa que todas están ocupadas, o Concello ofrécese a xestionar ante a Xunta de Galicia que cede en uso a Arousa Moza algunhas das dependencias da infrautilizada Casa da Xuventude de San Roque, respectando os horarios de funcionamento da Oficina de Información Xuvenil existente e do Club de Xadrez Fontecarmoa, que tamén realiza actividades alí.
Para o Concello, esta sería unha boa alternativa ao trátase dun edificio céntrico e cuxo uso é o de actividades para a mocidade, polo que a asociación vilagarciá encaixaría perfectamente nel e contribuiría a sacarlle maior rendemento.
En canto ao Liceo-Casino, tamén se están a buscar alternativas para que poida continuar coa súa actividade.
Relacionadas:
-
Adxudicada a Obras Gallaecia a construción da nova biblioteca de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Unha biblioteca coa que Vilagarcía quere "estar á altura do século XXI"
Por Redacción |
-
A Deputación financiará a reforma da contorna de Portosanto, Saíñas e A Puntada
Por Redacción |
-
Medio millón dos fondos de reactivación da Deputación para humanizar a contorna do río Bermaña
Por Redacción |
-
O goberno local lembra que todos os vilagarciáns "puxeron 475.000 euros para axudar a salvar o Liceo Casino"
Por Redacción |
-
A nova biblioteca municipal de Vilagarcía custará 1,8 millóns de euros
Por Redacción |