Tres mozos resultan feridos nun accidente de madrugada en Cuntis
Por Redacción
Unha colisión entre dous vehículos, que se produciu sobre as seis da madrugada, provocou que tres mozos resultasen feridos en Cuntis.
O accidente rexistrouse na N-640, ao seu paso polo núcleo urbano do municipio.
Foi en concreto na Rúa Circunvalación, que permaneceu cortada un tempo mentres os servizos de emerxencias atendían aos feridos e despexaban a calzada.
Os tres feridos, dous deles de Cuntis e o terceiro de Moraña segundo as autoridades, foron trasladados a un centro hospitalario.
Ao lugar, ademais de varias ambulancias do 061, desprazáronse efectivos do servizo de emerxencias de Cuntis, Protección Civil de Portas e a Garda Civil de Tráfico, que investiga as causas polas que ocorreu o accidente entre estes dous coches.