O coreógrafo Rafa Méndez formará a bailaríns en Pontevedra

Por Redacción
O pavillón do Príncipe Felipe e o local da escola Getting Jiggy Dance Studio terán o vindeiro sábado 13 de novembro un convidado especial.
Trátase do prestixioso coreógrafo e bailarín canario Rafa Méndez, actual capitán no programa de TVE, The Dancer, e coñecido pola súa participación como profesor en 'Fama, ¡a bailar!' de Cuatro, que dará unha clase de nivel intermedio/avanzado á xente que queira participar na actividade.
A clase que se celebrará no pavillón do Príncipe Felipe, segundo explicou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, está organizada polo programa A vida é Movernos en colaboración con Getting Jiggy.
O evento estará aberto ao público e dará comezo ás 11:30 horas, tendo unha duración de hora e media. O límite de participación está en 60 persoas, pero permitirán a entrada á cidadanía que queira asistir desde as bancadas.
Todos aqueles que queiran tomar parte no workshop poderán inscribirse a través do teléfono do estudo de danza (687 67 54 89) ou da dirección de correo electrónico gettingjiggy.info@gmail.com. O prezo é de 35 euros por persoa.
Pola súa banda, o segundo workshop desenvolverase pola tarde e irá destinado ao alumnado de Getting Jiggy Dance Studio, que coordina a bailarina e coreógrafa Verónica Aboy.
Relacionadas:
-
O programa municipal 'A Vida é Movernos' queima calorías na Praza de España
Por Redacción |
-
A Praza de España acollerá novas propostas municipais para facer ximnasia na rúa
Por Redacción |
-
A Alameda acollerá obradoiros de Percuterapia
Por Redacción |
-
O pavillón do CEIP A Xunqueira II réndese ao Bodyfulness
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A Praza de España móvese a ritmo de danza
Por Redacción |
-
'A Vida é Movernos' promove a práctica do exercicio físico nas rúas e prazas
Por Mónica Patxot & María José Pita |