O polígono para o cultivo de mazá de sidra de Tomonde ocupará unhas 68 hectáreas
Por Redacción
O futuro polígono agroforestal que implantará en Vilalén-Tomonde, no municipio de Cerdedo-Cotobade, ocupará un total de 67,88 hectáreas que estarán dedicadas exclusivamente ao cultivo de mazá de sidra.
Esta zona agraria estará distribuída en 1.534 parcelas de 278 propietarios, segundo estima a Xunta de Galicia, que avanza na tramitación desta figura, contemplada na lei de recuperación da terra agraria.
Este proxecto viría aumentar a produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes respondendo á demanda de base territorial efectuada tanto por parte dos produtores deste tipo de cultivo como das sidrarías asentadas na comarca.
A Estrada xa recolle cada ano ao redor dun millón e medio de quilos deste produto.
A ferramenta dos polígonos, destacan desde a Xunta, céntrase na volta á produción de grandes áreas de terra potenciando os tres usos do chan -agrario, gandeiro ou forestal- segundo o tipo de cultivo máis apropiado ou con maior tradición en cada zona.
No caso da mazá de sidra, esta zona reúne unhas condicións agronómicas idóneas para estas árbores froiteiras, que ademais contribuirán a fixar poboación no rural e servirán como devasas naturais en caso de incendios forestais.
Relacionadas:
-
A Xunta avanza nos traballos para iniciar o polígono agroforestal de Vilalén-Tomonde
Por Redacción |
-
Declaran de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Vilalén-Tomonde
Por Redacción |
-
O local social de Tomonde estrea 'nova cara' tras as obras de renovación
Por Redacción |
-
"Maceiras en flor", catro rutas para activar os sentidos
Por Oskar Viéitez |
-
Un proxecto de inserción laboral reforestará 462 hectáreas en Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade acollerá un polígono agrario para produción de mazá de sidra
Por Redacción |