Soben a oito os contaxios diarios de covid pero os casos activos mantéñense baixo control, cun único ingresado en planta
Por Redacción
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén baixo control o número de casos activos de covid a pesar dun incremento no número de contaxios diarios detectados.
Despois de non informar de novos positivos durante o primeiro día laborable da semana, este mércores si se notou lixeiramente o efecto da ponte festiva ao sumarse ás estatísticas 8 contaxios.
Con todo tamén se dispararon a 11 as altas epidemiolóxicas, o que fixo mesmo que baixase o número total de casos activos ata situarse nos 57 en todo a área sanitaria pontevedresa.
Onde non hai cambios é na cifra de afectados que necesitan atención hospitalaria, cun único ingresado en planta, concretamente no Hospital do Salnés.
Segundo informa o Sergas nas últimas 24 horas realizáronse 186 probas PCR de detección de coronavirus. Ademais desde o inicio da pandemia sinalan que superaron a infección 21.261 pacientes na comarca, rexistrándose 205 falecementos de persoas con positivo activo.
O Sergas informa que na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés hai 8 casos activos en poboación vinculada por idade ou profesión a centros educativos, tamén hai unha aula pechada por este motivo. Seis destes casos activos son do Colexio plurilingüe Alfonso VII, de Caldas de Reis.
Relacionadas:
-
Aumenta o número de casos activos tanto na área sanitaria como en Galicia ao sumar 84 novos contaxios
Por Redacción |
-
Lores remite ao Sergas a vacinar nos centros de saúde porque o Recinto Feiral vai ocuparse con outras actividades
Por Redacción |
-
Sanidade reabrirá os centros de vacinación masivos a mediados de mes
Por Oskar Viéitez |
-
Novembro comeza con 59 casos de covid na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |