Un coche esnaquiza o cruceiro da igrexa de San Tomé de Nogueira
Por Oskar Viéitez
O cruceiro do atrio da igrexa de San Tomé de Nogueira quedou esnaquizado despois de que un coche o derrubase.
Segundo informou a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, o accidente tivo lugar na mañá deste luns. ""O cruceiro da Igrexa de Santo Tomé quedou literalmente destrozado como consecuencia dun forte golpe que lle deu un vehículo", explicou a rexedora.
As pezas do cruceiro foron recollidas por operarios municipais.
"Comezamos a traballar para que canto antes, dentro do posible, o cruceiro volva a estar en pé", comprometeu a alcaldesa.
Mentres se acometen eses traballos a base de pedra quedou valada.