O final das obras en Loureiro Crespo e O Castañal atrásanse a marzo de 2022
Por Alejandro Espiño
Máis cartos e máis tempo de execución. Son as dúas novidades que presenta a execución da reforma integral da rúa Loureiro Crespo e do barrio do Castañal. A empresa terá catro meses máis para rematar estes traballos, ata o 25 de marzo como máximo.
Desde o Concello responsabilizan deste novo atraso aos problemas que está atravesando o sector da construción, con dificultades parao abastecemento de recursos e subministracións nos materiais e a falta de man de obra especializada.
Pero outro dos motivos, segundo recoñeceu a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, é a modificación que se fixo coa colocación de tubaxes que non se correspondían coa realidade dos planos que tiña o Concello de todo este ámbito urbano.
Estes cambios supuxeron ademais un sobrecusto nestas obras de case 431.000 euros, que terán que sumarse aos 2,16 millóns que figuraban no contrato orixinal.
Con respecto á execución das obras, Gulías recordou que a reforma de Loureiro Crespo xa está rematada a falta de plantar o arborado e colocar o novo mobiliario urbano.
Os traballos estanse a centrar nestes días na rehabilitación das rúas do Castañal que, na súa maioría, pasarán a ter plataforma única para mellorar a súa accesibilidade.
Tamén acumularán máis atraso, aínda que neste caso só 25 días, as actuacións que se están a facer no parque de bombeiros para garantir a separación entre estancias e o aumento do espazo, dentro das medidas aprobadas pola pandemia.
O prazo de execución ampliarase polo tanto ata o próximo 25 de novembro.
Relacionadas:
-
A inflación incrementa a factura final pola reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Oskar Viéitez |
-
Anuncian restricións de tráfico na avenida de Lugo por obras
Por Redacción |
-
O asfaltado do Castañal completa a reforma urbana do barrio
Por Redacción |
-
O Concello celebra a reapertura de Loureiro Crespo tras a súa reforma integral
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Convocan unha xornada de celebración pola reapertura de Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Remata a reforma da rúa Loureiro Crespo coa plantación das árbores
Por Redacción |
-
O PP solicita información sobre o atraso na reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Redacción |
-
O Concello espera inaugurar a reforma de Loureiro Crespo a finais de novembro
Por Oskar Viéitez |
-
Loureiro Crespo ultima a súa reforma e quedará aberta este venres
Por Redacción |