Os esqueletos da Praza de España 'perden' a cabeza
Por Redacción
Os esqueletos instalados na Praza de España e de Ourense para ambientar a cidade na ponte de Todos os Santos e durante a celebración do Samaín, non chegaron enteiros á que debía ser a súa xornada grande, a noite deste domingo.
Dúas das tres figuras do decorado habilitado na Praza de España amenceron sen cabeza, tras unha intensa noite de celebracións na cidade relacionadas co Samaín e o Halloween.
Estes visitantes de ultratumba forman parte dunha intervención enmarcada no proxecto Xardíns que Falan da Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, e que se completaba con outro decorado na Praza de Ourense onde os esqueletos traballan a terra cun enorme arado.
A intención do goberno local con esta iniciativa céntrase en dinamizar os especios verdes do centro urbano creando zonas de interacción cos veciños, que usaron nos últimos días estas instalacións para fotografarse cos 'mortos' e celebrar cada un á súa maneira a tradición do Samaín.