Marín constata un elevado uso do coche particular para pequenos traxectos e un interese crecente pola bicicleta
Por Redacción
O Concello de Marín coñeceu o resultado da enquisa realizada a veciños da localidade dentro do proxecto de redacción do Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS), un documento que aseguran atópase xa en estado avanzado e que está a ser elaborado pola empresa Proyestegal.
O obxectivo desta enquisa era coñecer con maior detalle os hábitos de vida e consideracións respecto da mobilidade na vila.
Das respostas recollidas polo equipo redactor derívanse algunhas conclusións sobre os itinerarios que se realizan, por exemplo que a ampla maioría dos enquisados móvense por motivos laborais con vehículo privado e máis dun 60% fano dentro do centro urbano, sendo este punto tanto de orixe como de destino. De feito os traxectos máis comúns non superan habitualmente os 15 minutos de duración nin os 5 quilómetros de distancia.
Detéctase tamén o interese nun medio de transporte como o autobús, aínda que demandando maior información nos horarios e nas frecuencias.
Tamén destaca o interese dos enquisados no uso da bicicleta, asegurando un 70% dos entrevistados que optarían por este medio de transporte de maneira habitual se se mellorasen e ampliasen as zonas de carril-bici.
Neste sentido, destaca o Concello, tras a reforma da Avenida de Ourense a intención do goberno local pasa por unir esta viaria co das praias.
Por último un das maiores preocupacións detectadas é a falta de aparcamento, sendo unha demanda repetida a creación dun aparcamento subterráneo que permita alugar prazas de estacionamento.
Relacionadas:
-
O BNG de Marín pide a mellora da accesibilidade nas liñas de autobús
Por Redacción |
-
Marín presentará o seu plan de mobilidade nun acto aberto á cidadanía
Por Redacción |
-
Ramallo anuncia a fase final de elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Marín
Por Redacción |
-
Marín estuda a construción dun aparcadoiro subterráneo de dúas prantas no Parque Eguren
Por Redacción |