Rescatan un home en Noalla tras quedar atrapado co seu tractor nuns cables
Por Redacción
Os servizos de emerxencia tiveron que actuar na tarde deste mércores no lugar de Soutullo, en Noalla, para rescatar a un home que tivera un accidente co seu tractor.
En concreto segundo informa o servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo o home, de 59 anos, quedara atrapado nunha arames dun viñedo.
Os efectivos de emerxencia conseguiron liberar ao atrapado, que foi trasladado por persoal do 061 en ambulancia ata o Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar para unha avaliación médica.
Na intervención participaron tamén efectivos da Policía Local.