O alumnado do colexio do Toural reflexiona sobre a violencia machista
Por Redacción
A danza contemporánea e a relación que teñen os homes cos seus coches foron as grandes protagonistas da performance de Clara Ferräo este mércores en Vilaboa.
No marco da vixésimo terceira acción da VI edición do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en Acción. Violencia Zero", a artista levou "Vicisitude" ao Centro Público Integrado do Toural para invitar á mocidade a reflexionar sobre a repercusión do maltrato físico e psicolóxico dos homes coas mulleres.
A actuación foi seguida en directo por 70 alumnos 3º e 4º da ESO do centro, así como pola deputada de Igualdade, Victoria Alonso, e a concelleira Igualdade en Vilaboa, Carmen Gallego.
Esta foi a antepenúltima acción levada a cabo dentro da VI edición do programa, que este ano ten como lema "Emerxencia cultural, urxencia feminista! Nin un paso atrás na loita contra a igualdade".
"Mulleres en Acción. Violencia Zero" ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.
Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia desde o seu inicio en 2015, o programa da Deputación de Pontevedra continuará a súa andadura en Soutomaior.
Relacionadas:
-
De camiño a Romanía: O alumnado do Toural volve ir de Erasmus
Por Redacción |
-
A Xunta inviste 115.000 euros na substitución da carpintería exterior do CPI O Toural
Por Redacción |
-
'Violencia Zero' instalala un mural reivindicativo en Bueu
Por Redacción |
-
Marín reflexiona sobre os "malabarismos" das mulleres para poder conciliar
Por Redacción |
-
Un mural en Caldas para denunciar unha sociedade que "maquilla" a violencia machista
Por Redacción |