Furanchos, só cinco tapas e acabouse cobrar a ollo
Por Oskar Viéitez
O Goberno galego regulará, a través dun decreto que viu a luz no Consello da Xunta deste mércores, a actividade dos furanchos para evitar que compitan "deslealmente" co sector hostelero e para que os produtos que comercialicen conten con todas as "garantías" alimentarias.
O presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, resaltou que se trata de "unha normativa propia" de Galicia na que, tras "un amplo diálogo co sector", recóllense "as singularidades e particularidades" dun negocio que convén "preservar" porque "forma parte" da "idiosincrasia" galega.
Só poderán operar os furanchos que teñan plantacións de viño e estean dados de alta no rexistro vitivinícola de Galicia.
Non se poderá servir viño embotellado, únicamente o procedente directamente do barril da colleita, e en cada furancho só poderanse servir cinco tipos distintos de tapas seleccionadas dun listado único.
Ademais só poderán abrir tres meses ao ano e dentro do período comprendido entre o 1 de decembro e o 30 de xuño, polo que non poderán facelo nos meses de verán.
No aspecto administrativo, deberán exhibir na porta unha rama de laurel que os identifique, contar con follas de reclamaciones e emitir facturas, das que deberán dar copia aos clientes si as solicitan. Ademáis deberán estar inscritos nos rexistros municipais que cada concello deberá crear.
Relacionadas:
-
Comeza a tempada de furanchos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os furanchos pontevedreses abrirán tres meses entre marzo e xuño e só poderán servir cinco tapas
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra será dos primeiros concellos en adaptar a normativa dos furanchos
Por Oskar Viéitez |
-
Os viños de Pontevedra, Poio e O Morrazo poderían ter Indicación Xeográfica Protexida
Por Redacción |