O TSXG propón un reforzo de persoal para o xulgado de violencia sobre a muller
Por Redacción
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) propón reforzar con maior persoal o xulgado pontevedrés con competencia en materia de violencia sobre a muller.
En realidade, o TSXG propón das sete grandes cidades da comunidade, entre elas Pontevedra, no marco do Plan de Actuación Covid-19.
Ademais de solicitar que se manteña o persoal interino de reforzo existente na actualidade, a Sala de Goberno solicita á Xunta de Galicia que aumente o cadro de persoal e que se establezan "de forma permanente" prolongacións de xornada dun número suficiente de funcionarios para que realicen labores de apoio directo ao maxistrado/a para a atención de asuntos urxentes fóra do horario de audiencia.
Lembra, ademais, que nos días laborables se atopan "nun permanente servizo de garda", o que provoca case a diario que a "xornada laboral do persoal que traballa nestes órganos se estenda fóra do horario de audiencia".
No plan global de reforzo elaborado polo TSXG insístese na necesidade de que estes xulgados estean dotados de persoal "idóneo para a materia da súa competencia", debido á súa "sensibilidade".