Entran en vigor as medidas de capacidade e horarios decretadas pola Xunta cara á "nova normalidade"
Por Redacción
Este sábado 23 de outubro, desde as 00.00 horas, entran as novas medidas decretadas pola Xunta de Galicia en relación coa ocupación dos establecementos e os controis de peche de locais de lecer nocturno.
As medidas sanitarias publicadas no DOG ao redor das 20.00 horas deste venres establecen que seguirá sendo obrigatorio o uso de máscaras para as persoas de seis ou máis anos cando se atopen en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a seguridade interpersoal de 1,5 metros. Tamén nos casos en que se atopen na vía pública ou en espazos ao aire libre e non resulte posible manter a distancia de seguridade entre non conviventes. Tamén nos medios de transporte e nos eventos multitudinarios ao aire libre cando se atopen de pé ou, en caso de estar sentados, non se manteña a distancia entre persoas.
En relación coas medidas de cabida, increméntanse a practicamente o 100% da ocupación en todos os ámbitos, tanto en zonas interiores como exteriores, en establecementos e locais comerciais; hoteis, albergues e aloxamentos turísticos; mercados ao aire libre; academias, autoescolas e centros privados de ensino e centros de formación; e lugares de culto.
En canto aos horarios, o DOG establece que a hostalería terá un horario de apertura ata as 01.30 horas durante as noites dos venres e os sábados, mentres que os días restantes veranse obrigados a pechar as súas portas ás 01.00 horas.
O lecer nocturno terá tamén unha opción de apertura, durante venres e sábados, que se estenderá ata as 04.30 horas mentres que o resto das xornadas, o peche establécese ás 04.00 horas. Pola súa banda, as discotecas e salas de festa poderán abrir ata as 05.00 horas calquera día da semana.
Para acceder a un establecemento de lecer nocturno será necesario acreditar o certificado de vacinación.
En canto a feiras, congresos e actos profesionais permítese o desprazamento dos asistentes polos espazos cunha capacidade limitada ao 75%. Permítese a realización de cócteles con público de pé, debendo utilizarse a máscara e só quitala para o consumo a distancia interpersoal entre non conviventes.
En canto a medidas excepcionais levántanse e as persoas que se atopan en residencias poderán saír como facían en tempos pre pandemia. Ademais, aceptaranse visitas nestes centros con cita previa e mantendo as precaucións sanitarias.
O DOG conclúe reclamando aos concellos a adopción de medidas que axuden ao control das aglomeracións de persoas en lugares e espazos públicos nos que non se respecten as medidas de seguridade e de distanciamento social, especialmente cando se realicen actividades prohibidas ao consumo grupal de bebidas alcohólicas en espazos públicos, en clara referencia aos botellóns. Especifica, ademais, que en rúas e zonas de concentración de actividades de hostalería e restauración, ou nos establecementos de lecer nocturno, os concellos deberán adoptar medidas de control e vixilancia para evitar que se produzan aglomeracións de persoas que consuman alcol.
Relacionadas:
-
Principio do fin do pago en efectivo no lecer nocturno pontevedrés
Por Manu Otero |
-
Habilitan axudas para mellora e dotación de equipamentos poscovid no sector turístico e da hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
Inicio da campaña de vacinación da terceira dose covid coa antigripal para maiores de 80 anos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
A subida do prezo da luz e outras mercadorías obriga á hostalería da cidade a revisar os seus prezos
Por Manu Otero |
-
A fin da emerxencia sanitaria non fará decaer o 'pasaporte covid' para o lecer nocturno
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra sae da emerxencia sanitaria con 47 casos activos e un único hospitalizado
Por Alejandro Espiño |
-
A xustiza avala que en Galicia a máscara sexa obrigatoria dentro dos colexios
Por Redacción |
-
Galicia recupera os aforos ao 100% e amplía os horarios da hostalería
Por Oskar Viéitez |