As rúas Soportais e Castelao pecharán ao tráfico a semana que vén
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pechará ao tráfico as rúas Soportais e Castelao a partir da vindeira semana por mor da realización dunha serie de actuacións.
Na rúa Soportais, o tramo entre a Praza de Curros Enríquez e a Praza da Ferraría pecharano entre os días 25 e 27 de outubro, ambos incluídos, mentres que na rúa Castelao estará prohibida a circulación de vehículos o día 24.
Neste último caso, circulación non estará permitida entre as 8:00 e as 16:00 por mor dunhas obras, aínda que estará garantido o acceso a garaxes e servizo de Urxencias do Hospital Quirón.
Neste senso, no tramo comprendido entre Sagasta ata a entrada de Urxencias se accederá pola rúa Sagasta e, no seguinte tramo, se poderá acceder dende Daniel de la Sota. Ademais, para organizar a entrada e saída de vehículos haberá 3 sinalistas.