Conclúen as obras de ampliación e mellora do parque infantil da Praza das Regas
Por Redacción
As obras de mellora integral do parque infantil que se atopa na Praza das Regas no barrio de Valdecorvos finalizaban estes días, despois de que a concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural investise 15.000 euros na mellora desta infraestrutura de lecer infantil.
Os traballos serviron para ampliar a zona de xogo para adaptarse ás normativas autonómica e europea en materia de seguridade co obxectivo de lograr a certificación da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).
Tamén se renovaron todos os elementos de xogo e as randeeiras, instalouse un novo pavimento con base que amortece os golpes e céspede artifical, que axuda a diminuír os danos ante unha posible caída dun menor.
Ademais o departamento que dirixe Iván Puentes renovou o valo de peche do parque e está prevista a plantación de árbores en toda a zona para achegar sombra a este recinto.
O concelleiro sinalou que, como no resto de parques infantís, adoptáronse os criterios establecidos pola firma especializad STO (Soluciones Técnicas de Ocio), contratada polo Concello para auditar as condicións de seguridade que ofrecen as áreas de xogo no municipio.