Unha carreira para fomentar o respecto polas persoas con diversidade funcional
Por Redacción
O alumnado do CEIP A Laxe celebrou este xoves unha proba deportiva moi especial. A carreira Enki é unha cita única en Galicia que naceu como unha proba lúdica non competitiva apta para participantes de todas as idades e condicións.
A actividade promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidad funcional a través do xogo. Tamén fomenta valores como o respecto e a educación na diversidade.
No centro organizaron unha carreira de obstáculos na que o alumnado debía pasar por diferentes estacións relacionadas co baile, corpo a terra, circuíto de equilibrio, carreira de neumáticos, pistolas de auga, confeti ou pompas. A diversión estivo asegurada e o alumnado está agora máis concienciado sobre as diversas realidades.