Oito empresas optan a construír o novo colector entre Pastoriza e Picotes
Por Redacción
A actual depuradora de Pastoriza ten os días contados. Oito empresas presentaron as súas ofertas para adxudicarse o contrato de construción dun novo colector entre Pastoriza e Picotes, que permita solucionar os problemas de saneamento na zona de Ardán.
O goberno municipal agarda que a adxudicación destes traballos, nos que se investirán 200.000 euros procedentes dos remanentes de tesourería do Concello, se poida realizar durante as próximas semanas.
A posta en marcha deste proxecto tivo o seu inicio nunha reunión coa veciñanza, coa que se consensuou clausurar a depuradora actual pola súa ineficacia, confirmada de xeito recorrente por informes técnicos, e proxectar unha nova canalización.
O edil de Rural, Pablo Novas, explica que o proxecto xa conta con todas as autorizacións necesarias por parte de Medio Ambiente, Patrimonio e Augas de Galicia.
Relacionadas:
-
Resolto o problema de saneamento en Ardán coa nova canalización
Por Redacción |
-
As obras do novo colector entre Pastoriza e Picotes afrontan o tramo máis complexo
Por Redacción |
-
En tres meses finalizarán as obras do novo colector entre Pastoriza e Picotes
Por Redacción |
-
Adxudicada a obra para a instalación do novo colector entre Pastoriza e Picotes
Por Redacción |
-
Avanza a tramitación do proxecto do colector que resolverá os problemas de saneamento en Ardán
Por Redacción |