A Policía Local de Marín contará cun novo coche eléctrico
Por Redacción
A Xunta de Goberno local do Concello de Marín vén de aprobar a adquisición dun vehículo eléctrico para o servizo da Policía Local de Marín, co obxectivo de contar con flotas automovilísticas municipais máis ecolóxicas e sostibles.
Esta dotación foi posible grazas a unha subvención de 33.600 euros, financiado polo Fondo de Compensación Ambiental.
Por outra banda, o Concello recibirá unha subvención de Augas de Galicia para a adquisición e instalación de equipamento de medida do caudal que se subministra en alta por sistemas de abastecemento de auga potable públicos. O importe da subvención é de 12.749,96 euros.