Nidia Arévalo, María Ramallo, José Crespo e Fernando Pérez, novos responsables de Igualdade, Mar, Medio Rural e Emprego no PP
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra reuniu na tarde deste martes ao seu comité executivo, elixido recentemente no último congreso provincial. Xunto co presidente, Alfonso Rueda, a vicepresidenta, Nidia Arévalo, o secretario xeral, Luis López, e oito vicesecretarios, tamén forman parte deste órgano os once coordinadores comarcais e 24 vogais. "Un equipo renovado e cun perfil claramente municipalista”, defendeu Rueda.
O dirixente asume que terá por diante a responsabilidade de dirixir o partido os próximos anos, sendo o reto máis inmediato a preparación das eleccións municipais de 2023.
O presidente provincial salienta que o obxectivo é consolidar “o que mellor sabemos facer os políticos do PP, a política de proximidade. Queremos estar coas persoas, entender as súas preocupacións e traballar para ofrecer solucións", dixo.
Durante a reunión, entre outras cuestións, o comité executivo aprobou a creación de catro áreas de traballo principais. A área de Igualdade estará coordinada pola vicepresidenta provincial e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a área de Mar, pola vicesecretaria e alcaldesa de Marín, María Ramallo; Medio Rural polo tamén vicesecretario e alcalde de Lalín, José Crespo; e a área de Economía e Emprego recae no voceiro do PP de Caldas de Reis e coordinador comarcal do Umia, Fernando Pérez.
A outra grande área de traballo do PP provincial, o municipalismo, recaerá na labor dos responsables comarcais do partido, cuxo papel, como xa adiantou Rueda durante o congreso provincial, será o de manter o contacto permanente coas xuntas locais e ser o seu enlace coa dirección provincial.
Relacionadas:
-
Rueda marca as pautas para que o PP provincial tome as "decisións acertadas"
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, reelixido presidente provincial do PP con mensaxe cara ENCE: "Imos ser aliados dos postos de traballo"
Por Diego Espiño |
-
Luis López será o novo secretario xeral do PP en Pontevedra
Por Redacción |