'O lixo que tiras non fala, pero di moito de ti', campaña para concienciar sobre valores medio ambientais en Cuntis
Por Redacción
O Espazo CuntisXove mostra desde este martes unha exposición no exterior das instalacións baixo o título 'O lixo que tiras na rúa non fala, pero di moito de ti', un traballo elaborado con tapóns de plástico que, despois da mostra, serán reciclados.
Con esta obra quérese trasladar á poboación xuvenil a preocupación sobre a limpeza e sostible. Ademais, a campaña busca fomentar a creatividade da mocidade do municipio, facilitando recursos para sensibilizar en materia de medio ambiente.
A proposta compleméntase cunha Guía de reciclaxe exposta no interior de Espazo CuntisXove, acompañadas dunhas papeleiras orixinais nas que se pode deixar o lixo realizando unha correcta separación de residuos.
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, considera fundamentais estas actividades para concienciar aos máis novos sobre o coidado da vila e dos espazos naturais.