O centro de saúde Virxe Peregrina estrea unha nova unidade de fisioterapia
Por Redacción
135 metros cadrados situados no seu soto. É o espazo que ocupa a nova unidade de fisioterapia que o Servizo Galego de Saúde estreou no centro de saúde Virxe Peregrina.
Para acondicionar esta unidade, que comezou a funcionar este luns para reforzar á que xa prestaba servizo neste ambulatorio, investíronse máis de 170.000 euros.
Esta unidade conta cunha distribución que inclúe unha sala de exercicios físicos e tratamentos, catro cabinas específicas para aplicar técnicas de fisioterapia, un despacho para os profesionais desta especialidade asistencial, sala de espera e vestiarios con aseos.
A nova unidade de Fisioterapia de Atención Primaria no centro de saúde de Virxe Peregrina conta cun cadro profesional de tres fisioterapeutas.
Ten ademais o material necesario para tratamentos orientados á promoción do exercicio físico, as intervencións comunitarias e diversos programas de orientación ao exercicio activo.
Relacionadas:
-
RADIO.- Lipedema: non son mulleres obesas, teñen unha desorde do tecido adiposo
Por Redacción |
-
Sanidade reclama a Caldas, O Grove, Poio, Barro e Meis terreos para os novos centros de saúde
Por Redacción |
-
Protesta do persoal dos nove PAC da área sanitaria polas quendas impostas: "no hay cuerpo que lo aguante"
Por Anxo Lourido |
-
Centros de saúde de Pontevedra, Caldas e Vilanova terán novas áreas de fisioterapia
Por Redacción |