Competición, videoxogos retro e simuladores no "Gaming na rúa"
Por Redacción
A Casa da Luz acolleu este sábado o evento Gaming na Rúa. Os videoxogos foron os principais protagonistas dunha xornada onde a asociación Gaming Troop ofreceu un torneo de Super Smash Bros. Ultimate.
O torneo contou cun total de 40 participantes. Mais non só houbo competición. Dentro da Casa da Luz os asistentes puideron probar a experiencia inmersiva que da simulación de carreiras de coches da man da empresa local RaceSIM Technologies.
Doutra banda, e como unha chiscadela ao pasado histórico e nostálxico dos videoxogos, a asociación de A Estrada Ocionautas trouxo consolas de xeracións pasadas (NES, Nintendo 64 ou Game Cube, en outras), abrindo a porta dos xogos e obras pasadas aos xogadores actuais.
A cita contou coa colaboración da concellaría de Xuventude, que ve nos videoxogos "un mundo importante que apoiar e promover", en palabras do concelleiro Alberto Oubiña.
O Concello de Pontevedra quere seguir apostando polo videoxogo como cultura, tal e como se foi demostrando nos últimos anos coa inclusión deste temática en eventos coma o Salón do Libro, ou a aposta por eventos propios.