Protección Civil de Caldas xa ten o recoñecemento de ASAMPO
Por Redacción
Integrantes e voluntariado da Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) celebraron este sábado unha marcha baixo o lema 'Quiere a quien te quiere y díselo' para agradecer a colectivos e particulares a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A Pontevedrada, no seu longo percorrido nocturno de 67 quilómetros, adoita atravesar sete concellos entre Pontevedra e Compostela. Concretamente, pasando por Caldas de Reis onde o Camiño Portugués ten o maior número de quilómetros de tramo a camiñar ata Santiago.
É por esa razón pola que a asociación parou na Casa do Concello da localidade caldense e facer entrega dunha mención de agradecemento á agrupación de Protección Civil. Alí chegaron sobre as 12:00 horas, cinco horas despois da súa partida desde a Praza de España de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Bolsa dos Desexos, a iniciativa para promover a doazón de sangue, órganos e tecidos
Por Redacción |
-
Caldas pide a mellora da pavimentación do tramo de Camiño Portugués que transcorre por Arcos da Condesa
Por Redacción |
-
Recoñecemento de ASAMPO a Protección Civil de Caldas na campaña 'Quere a quen te quere e dillo'
Por Redacción |
-
Convocan unha sesión de adestramento na praza de España para dar visibilidade ao Chron e a Colite Ulcerosa
Por Redacción |
-
"Deixa os teus órganos ao final do camiño para que outras persoas poidan terminar o seu"
Por Oskar Viéitez |