Retiran máis de 400 quilos de residuos da praia da Lanzada en apenas catro horas de traballo
Por Redacción
O gran areal da Lanzada, no Concello do Grove, acolleu este sábado unha xornada de limpeza de residuos, onde voluntarios de Afundación, en colaboración co grupo naturalista Hábitat e SEO Birdlife, dedicaron os seus esforzos para retirar todo o lixo que atoparon ao seu paso.
Entre o lixo retirado había vidro, garrafas, botes e botellas de plástico, cabichas, restos de sedelas, cabos, cabitos e redes enmarañadas, boias e flotadores, envoltorios e outra serie de obxectos plásticos de diversos tamaños, non identificables en canto á súa orixe.
Foron un total de 412 quilos de residuos entre os que destaca as 1.241 cabichas atopadas e as 1.045 botellas e anacos de vidro, ademais de 39 quilos de plástico, 10 de metal, 2 de papel e 20 de obxectos diversos.
Coa deste sábado son xa dez as accións de limpeza que se levaron a cabo desde o arranque do programa Plancton a mediados do pasado mes de marzo, actuacións de voluntariado executadas tanto en superficie, como pode ser o caso das limpezas de praias e costas realizadas en diferentes enclaves da Illa de Arousa, Baldaio, Ons, Cortegada, Corrubedo ou Cambados, como baixo o propio nivel de mar, tal e como sucedeu por exemplo nos fondos do illote Areoso en senllas ocasións ou en Cambados, máis recentemente, onde tivo lugar a pasada semana unha limpeza de fondos marisqueiros na que se conseguiron retirar máis dunha tonelada e media de residuos.
Relacionadas:
-
Ona Carbonell, unha voluntaria máis na limpeza da illa de Cortegada
Por Alejandro Espiño |
-
Retiran máis de 3 toneladas e media de residuos dos fondos da contorna da Illa da Toxa
Por Redacción |
-
Retiran preto de media tonelada de residuos no illote de Areoso
Por Redacción |
-
O fondo de Areoso, limpo de máis dunha tonelada de residuos mariños
Por Redacción |
-
SEO BirdLife critica o Concello de Poio por habilitar unha praia canina na Seca sen respectar o espazo de aniñamento de aves
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Retiradas máis de 10 toneladas de residuos dos fondos de Cambados e O Grove
Por Redacción |
-
Os fondos marisqueiros de Cambados, limpos de tonelada e media de residuos
Por Redacción |
-
Retiran tres toneladas de pneumáticos dos fondos da Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Areoso 'líbrase' de 1.100 quilos de residuos depositados no seu fondo mariño
Por Redacción |